A Escola de Música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei impulsa unha aula de musicoterapia

TerraChaXa
A Escola de Música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei e a Asociación Músico Crisanto impulsan unha "aula de musicoterapia" dirixida a persoas con diversidade funcional e adultos maiores.
Guitarras
27 Nov 2017

A Escola de Música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei e a Asociación Músico Crisanto impulsan unha "aula de musicoterapia" dirixida a persoas con diversidade funcional e adultos maiores.

A musicoterapia é o emprego da música e os seus elementos nun proceso deseñado para facilitar e promover a comunicación, a aprendizaxe e a expresión coa finalidade de mellorar o benestar físico, psíquico, social, emocional e cognitivo das persoas favorecendo deste xeito unha mellor calidade de vida.

O traballo que se realiza nas sesións de musicoterapia basease nun modelo de atención centrado na persoa, adaptado ás capacidades, habilitades e necesidades de cada individuo. Grazas a esta versatilidade a musicoterapia proporciona beneficios en moi diversos campos de aplicación. Por iso, se dirixe a persoas con discapacidades físicas, sensoriais e/ou mentais, con trastorno do espectro autista, dano cerebral adquirido, párkinson, alzheimer, etc.

Non se requiren coñecementos previos de músico. Os interesados e interesadas en coñecer máis detalles poden informarse de xeito gratuíto a través da web musicocrisanto.com ou escribindo ao enderezo musicocrisanto@gmail.com.

0.19276213645935