A Escola de Música de Robra acollerá en marzo un curso de fagot impartido pola intérprete María Losada Burgo

LugoXa | TerraChaXa
A iniciativa, impulsada por Musicocrisanto, desenvolverase ao longo de dúas xornadas intensivas centradas no perfeccionamento técnico e interpretativo
curso-de-fagot-robra
9 Mar 2026

A Escola de Música de Robra, no municipio de Outeiro de Rei, organizará os vindeiros días 21 e 22 de marzo un curso monográfico de fagot que contará coa participación da intérprete María Losada Burgo, unha destacada fagotista que compartirá a súa experiencia formativa e profesional co alumnado participante.

A iniciativa, impulsada por Musicocrisanto, desenvolverase ao longo de dúas xornadas intensivas centradas no perfeccionamento técnico e interpretativo deste instrumento de vento madeira. O programa inclúe clases individuais, traballo en conxunto e sesións específicas de fabricación de canas, un aspecto fundamental para o estudo e a práctica do fagot.

O curso está dirixido a alumnado de ensinanzas elementais e profesionais, ofrecendo unha oportunidade para ampliar coñecementos, resolver dúbidas técnicas e afondar no repertorio baixo a orientación dunha especialista.

As persoas interesadas en obter máis información ou formalizar a súa inscrición poden contactar a través do correo electrónico xosef94@gmail.com.

0.12384390830994