A Escola de Música de Vilalba convoca un concurso de debuxo e fotografía
Durante este mes a asociación cultural Escola de Música de Vilalba organiza o I Concurso de debuxo e fotografía: que é a música para min no que poden participar todos os alumnos ata o 5 de decembro e a entrega do premios será a semana do 17 de decembro.
Poderán participar todos os socios do ESMUVI, en catro categorías:
-Categoría A, debuxo: 3-6 anos.
-Categoría B, debuxo: 7-12 anos.
-Categoría C, fotografía: 13-18 anos.
-Categoría D, fotografía: 18 anos en diante.
Os debuxos deberán presentarse nunha cartulina de cor branca e tamaño A4. No reverso debe aparecer: Idade e categoría na que participa, o título da composición, o nome e apelidos e o nome, apelidos e DNI do pai/nai/titor.
As fotografías deberán ser enviadas por WhatsApp ao número de teléfono 722.611.471 xunto cos seguintes datos:Idade e categoría na que participa, o título da composición, o nome e apelidos e o nome, apelidos e DNI do pai/nai/titor.
Os debuxos e fotografías serán expostos na entrada do Conservatorio de música de Vilalba así coma no noso perfil de Facebook: Esmuvi Vilalba, na páxina de Facebook @acesmuvi e no Instagram esmuvi_vilalba.
Serán gañadores de cada categoría aqueles que consigan o maior número de likes (sumarase o total das tres páxinas).
Os gañadores serán premiados cos seguintes libros:
-Categoría A (debuxo): Mamá cabra: Bicos de música (libro-CD)
-Categoría B (debuxo): Abad, José Antonio: O carnaval dos animais (libro-CD).
-Categoría C (fotografía): Argenta, Fernando: Pequeña historia de la música (referencia ilustrada)
-Categoría D (fotografía): González Mira, Pedro: Eso no estaba en mi libro de historia de la música.