A Escola Habanera abre o prazo para participar no proxecto XSCAPE, en colaboración co Incipit‑CSIC

TerraChaXa
A actividade celebrarase o día 15 de novembro na Biblioteca Municipal de Guitiriz en horario de 17.00 a 20.00 horas e inclúe obradoiro de cerámica prehistórica e exercicio de observación, con prazas limitadas a 15 participantes
GUITIRIZ cerámica
5 Nov 2025

A Escola Habanera do Concello de Guitiriz abre o prazo para a captación de persoas voluntarias que desexen participar no proxecto XSCAPE, unha iniciativa desarrollada polo Incipit-CSIC. A actividade, de participación gratuíta, celebrarase o vindeiro 15 de novembro na Biblioteca Municipal de Guitiriz en horario de 17.00 a 20.00 horas.

Este proxecto, de carácter científico e divulgativo, céntrase na relación entre o patrimonio cultural e a mente humana. As persoas participantes poderán formar parte dun obradoiro práctico de cerámica prehistórica, no que se reproducirá unha peza antiga, e nun exercicio de observación con tecnoloxías de seguimento visual.

O obxectivo é analizar como os obxectos que empregamos a diario inflúen no noso comportamento e na maneira en que procesamos a información visual. Durante a actividade, os investigadores do CSIC rexistrarán datos sobre os movementos oculares das persoas participantes mentres exploran imaxes e obxectos arqueolóxicos. A información recompilada permitirá avanzar no coñecemento de como os materiais culturais, desde a cerámica prehistórica ata os teléfonos intelixentes, modifican os patróns humanos de atención e percepción.

A participación está aberta a persoas de todas as idades e condicións, agás aquelas que presenten patoloxías oculares severas (como glaucoma, dexeneración macular ou cataratas). Si poderán participar persoas usuarias de lentes ou lentes de contacto.

As prazas son limitadas a 15 participantes e precisan de inscrición previa. As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar a súa participación a través do correo electrónico biblioteca@concellodeguitiriz.com ou no teléfono 982 37 00 62.

⚙ Configurar cookies
0.069843053817749