A Escola Habanera de Guitiriz acolle un relatorio sobre como viaxar por China

TerraChaXa
Conta con entrada de balde sen reserva previa
charla-viaxe-por-china-guitiriz
9 Out 2024

O próximo venres 11 de outubro a Escola Habanera de Guitiriz acollerá o relatorio Unha viaxe por China, impartida pola graduada en Estudos de Asia Oriental Antía Sánchez Vázquez, quen ademais é guitiricense.

A conferencia, que será a partir das 19:00 horas, conta con entrada libre e gratuíta, polo que todos os interesados poden achegarse sen necesidade de realizar unha reserva previa.

Na charla Antía Sánchez explicará como foi a súa experiencia estudando chinés e viaxando a China.

0.17311191558838