A Escola Habanera de Guitiriz organiza unha tarde de baile o domingo 17 de novembro

TerraChaXa
O evento, aberto a todos os públicos e ofrecerá música, merenda e entretemento para quen prefira non bailar
habaneras guitiriz baile 17 novembro
12 Nov 2024

A Escola Habanera de Guitiriz converterase o domingo 17 de novembro nun espazo de diversión e encontro social coa súa nova tarde de baile. Esta sesión, que terá lugar de 17:00 a 20:00 horas, non require inscrición previa e está aberta a todas as persoas que queiran gozar dunha tarde amena en boa compañía.

Ademais do baile, os asistentes poderán degustar unha doce merenda e participar en varios xogos de mesa, como cartas, parchís e dominó, pensados especialmente para quen prefiran outras actividades ou desexen descansar entre canción e canción. A organización ten preparado un programa que permite a todos participar, convertendo a música e o xogo nunha combinación ideal para pasar unha tarde de domingo distinta.

Este evento está destinado a un público xeral, co obxectivo de ofrecer unha alternativa de lecer e convivencia para persoas de todas as idades. A Escola Habanera de Guitiriz, coñecida polas súas actividades culturais, busca así fomentar a participación veciñal e ofrecer unha opción de diversión para quen gocen da música, a boa conversa e os xogos tradicionais.

0.19269895553589