A Escola Habanera de Gutiriz acolle esta semana o contacontos ‘O mundo de cores de Roque e Lía’
TerraChaXa
A actividade, dirixida a nenos en idade escolar, terá lugar este mércores, 20 de agosto

17 Aug 2025
O vindeiro mércores 20 de agosto, a Escola Habanera acollerá a actividade ‘O mundo de cores de Roque e Lía’, un contacontos dirixido a nenos e nenas en idade escolar.
A partir das 11:30 horas, os participantes descubrirán o xogo secreto destes personaxes e as diferentes formas de estar e ser a través desta historia.
Esta actividade enmárcase dentro do programa Ler Contamoito, unha iniciativa da Xunta de Galicia para promover a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas, en colaboración coas entidades locais.