A Escola Habanera de Tardade organiza unha xuntanza o domingo 3

TerraChaXa
Para poder acudir, é necesario inscribirse antes do 27 de xullo
xantar-tardade-agosto
25 Jul 2025

A Escola Habanera de Tardade, na localidade de Roupar, en Xermade, organiza a primeira fin de semana de agosto unha xuntanza.

O acto comezará ás 14. 30 horas e o menú, servido polo Catering Rochela, constará de paella, pulpo á feira, carne asada, sobremesa, café e licores. O prezo xeral será de 30 euros, 15 euros para os rapaces entre 7 e 11 anos, e os nenos ata 6 anos non terán que pagar nada, igual que os socios, que comerán gratis.

Pola tarde, haberá unha sesión de baile a cargo de dj Soutinho.

Para poder acudir, é necesario inscribirse antes do 27 de xullo, chamando aos teléfonos de Antonio Vérez (696 187 128), José (639 816 435) e Antonio Souto (680 778 293).

⚙ Configurar cookies
0.16134691238403