A Escola Infantil de Vilalba xestiona ter comedor o próximo curso

TerraChaXa
A Escola de Educación Infantil de Vilalba, na que están matriculados preto dun cento de pequenos e pequenas de entre 3 e 6 anos, ten como obxectivo incluír o servizo de comedor na súa oferta para o curso 2019-2020.
3 Xuño 2019

A Escola de Educación Infantil de Vilalba, na que están matriculados preto dun cento de pequenos e pequenas de entre 3 e 6 anos, ten como obxectivo incluír o servizo de comedor na súa oferta para o curso 2019-2020.

Esta decisión está basada no acordo das distintas partes implicadas no proxecto, en especial dos pais, que demandaron o servizo en numerosas ocasións, en especial cando se cursa a solicitude de ingreso.

Ata este curso, a carencia dun espazo adecuado para albergar este servizo dificultaba os trámites, pero o ano pasado, no verán, reformouse un patio de terra e creouse unha nova aula pechada duns 40 metros cadrados. Para chegar a cumprir o obxectivo é necesario un cambio da caldeira e unhas reformas para mellorar a accesibilidade.

En principio, a intención é que o servizo de comedor funcione cun cátering externo e que poda entrar en funcionamento para o próximo curso, aínda que están pendentes da execución da obra para facelo realidade.

Para comezar, o proxecto conta co apio do consello escolar, que o aprobou nunha reunión, e do claustro do centro, do Concello de Vilalba e da Inspección de Educación.

0.095729827880859