A escola infantil de Viveiro permanecerá pechada ata o vindeiro curso

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa á veciñanza que, ante o anuncio realizado por parte da Xunta de Galicia con respecto ás escolas infantís, confirmando que non reabrirán ata o curso que ven, a gardería municipal de Viveiro tamén permanecerá pechada ata que se proceda á súa reapertura co inicio do vindeiro curso 2020-2021.
10 Jun 2020

No momento no que se produza o reinicio do servizo será preciso, en todo caso, atender ás directrices que se determinen pola Xunta de Galicia ou entidades competentes con respecto ás ratios, medidas de hixiene e seguridade ou demais limitacións e requisitos de aplicación ao mesmo, co obxectivo de que a reapertura da gardería municipal se poida realizar garantindo a seguridade e saúde dos nenos e nenas.

Asemade, dende o gobeno municipal infórmase aos veciños de Viveiro da apertura do prazo de matrícula da gardería municipal para o curso 2020-2021, que poderá realizarse dende o 10 de xuño ao 15 de xullo. Os modelos, tanto de reserva de praza como de novo ingreso, estarán colgados na web municipal.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1465790271759