A escola Moo Duk Kwan participou durante a pandemia en numerosos campionatos on line
Desde o 15 de marzo data na que se declarou o confinamento por causa da pandemia da covid-19, a Escola de Tae Kwon- Do Moo Duk Kwan de Vilalba iniciou unha serie de propostas que tiveron excelente calado entre os seus membros, tanto deportistas como familias, co obxectivo de manter activos aos pequenos na práctica deportiva.
Por unha banda iniciáronse clases en liña utilizando distintas plataformas a través das cales se mantiña contacto directo cos alumnos e implicábanse as familias na maneira de traballar (aproveitando que estaban a compartir confinamento pais e fillos), facíanse correccións técnicas, e, vendo a motivación e a evolución dos alumnos, tomouse a decisión de participar en competicións online … unha nova modalidade de competir que apareceu debido á situación creada pola pandemia; as modalidades nas que se participo foron técnica, habilidades de combate, elasticidade, concursos de fotografía e pintura.
Estes eventos foron organizados tanto por clubs como por federacións rexionais e nacionais. Igualmente, os nosos deportistas participaron en stages de nivel nacional.
No día de hoxe estes deportistas están a participar no Festival Internacional de Tae Kwon-Do (México), na Copa Amistad (Chile), no Campionato Internacional Técnica Tres Cantos (Madrid), na Copa Ciudad de Lanus (Argentina) e no Happy Kick Halloween Championchip.
Pero ademais destas, ao longo deste tempo tamén estiveron noutras citas nacionais de tamén internacionais como o II Open Internacional on line Vila Seca (Cataluña), o Campeionato Las Gavias (Granada), o Open Bonaerense (Argentina), o Campeionato Internacional del Tambo (Colombia), o Open Internacional Teherán (Irán), a Copa Familia Unida TKD Perú, o Campionato On line TKD Sin Fronteras (México), o Campionato Duques (Perú), o Torneo Virtual Internacional Jaguares (México), o Torneo infantil Virtual Poomsae Copa Imder (Colombia), a Copa Fénix (Chile), o Campionato Internacional Virtual (Bolivia), a Copa Galicia e o I Open Internacional de España On Line (Real Federacion española de taekwondo), entre outros.
O club, que manifestou que "o único obxectivo desde o comezo da pandemia era manter aos deportistas vinculados á súa actividade", pero aínda así en todos eles tiveron algún podio, sendo en moitas ocasións primeiros postos.