A Escola Movemento de Vilalba destaca no clasificatorio para o Mundial de Danza

A Escola de Movemento de Vilalba regresou esta fin de semana do clasificatorio para o Mundial de Danza, celebrado os días 11, 12 e 13 de abril en Burgos, cun excelente balance de resultados e unha maleta chea de emocións.
O alumnado da escola destacou pola súa entrega artística, pola calidade escénica das súas coreografías e por un forte espírito de convivencia que se fixo sentir tanto enriba como fóra do escenario.
O balance final foi especialmente positivo para esta pequena pero talentosa escola vilalbesa, que logrou un total de 4 medallas de ouro, 5 de prata, 3 de bronce e 7 diplomas de cuarto posto, ademais doutros recoñecementos. Un dos momentos máis destacados foi a presentación da peza “Santa María e San Ramón”, que competiu nunha categoría de gran esixencia artística e cun altísimo nivel de execución.
Durante o clasificatorio, a Escola de Movemento acadou un destacado palmarés, no que se incluíron catro medallas de ouro, concedidas ás coreografías Canta miña sombra, O Maio, Penlas e Antes muerta que sencilla, que brillaron pola súa forza escénica e orixinalidade.
En canto ás medallas de prata, foron cinco as pezas galardoadas: África, Alexa, bailamos?, Movekids, Sing e Un genio genial, todas elas recoñecidas pola súa calidade técnica e expresividade.
O medalleiro complétase con tres bronces, obtidos polas actuacións Luna, Santa María e San Ramón —moi valorada nunha categoría especialmente esixente— e Arcade, que tamén conseguiu un diploma de sexto posto noutra modalidade.
Ademais, Movemento recibiu diplomas de 4º posto para as coreografías Río, As que tiñan que estar e Morena; de 5º posto para Teléfono, Don Michael, Mamma mia, Try Everything, Mariposas, Annie e Tutti Frutti; e de 6º posto para Confident, Magia, The one that I want, I’m an animal, Hoxe, mañá e sempre e de novo Arcade.
Desde a escola sinalan sentirse moi orgullosas de todas as nenas e mozas participantes, destacando que, máis aló das medallas, “levamos momentos de superación, apoio mutuo e aprendizaxes que non se poden medir”.
Aínda que algunhas coreografías non lograron a clasificación para o Mundial, Movemento quixo facer un recoñecemento especial ao traballo artístico de pezas como Quen é a que canta, Invisible, ABBA, Mess it up, Cassandra e Survivor, valorando o esforzo, a creatividade e a paixón que se reflectiron en cada unha delas.