A Escola Movemento logrou 16 medallas no clasificatorio do Mundial de Danza

TerraChaXa
A Escola de Movemento de Vilalba volveuno facer.
baile movemento mundial
31 Mar 2024

A Escola de Movemento de Vilalba volveuno facer. Novamente veu cargada de premios do clasificatorio do Dance Wolrd Cup celebrado en Burgos.

Un total de 16 coreografías, das 30 que levaban, lograron pasar á seguinte fase. Pero ademais tamén volveu cargada de metais. Así obtiveron seis ouros, que corresponden ás coreografías Chosen Family, Nihon, Shin Dien Dai, Aracnophobia, Ego e Espantallo. Esta última foi moi apreciada polo xurado.

A prata foi para outras catro coreografías: Aladdin, The 2000's, Acro Bharat e Gallaecia. E non podía faltar os bronces, que foron para Braves, Eu ghoberno a miña vida, Como un soño que pasa, Partners, Asúcar e Miña Terra.

Houbo unha coreografía, 36, unha homenaxe ás vítimas da Guerra Civil que malia quedar sétima emocionou ao público e ao xurado.

A escola levou á competición un total de 105 bailaríns desde os 4 aos 17 anos que competiron, unha vez máis, contra máis de 1.500 grupos de baile.

Agora o seguinte paso é a final, que este ano será o 27 e xuño en Praga pero a que poderían non asistir debido ao elevado gasto que supón para as familias.

0.18818402290344