A Escola Municipal de Teatro de Vilalba presenta este venres 'Sursum Corda'

TerraChaXa
Esta obra foi recoñecida co premio ao Mellor texto orixinal no Certame Xuventude 95
sunsun-corda-teatro-vilalba
5 Jun 2025

Este venres 6 de xuño, ás 20:00 horas, o Auditorio Municipal acollerá a estrea da obra de teatro do grupo de adultos da Escola Municipal de Teatro.

A representación promete unha experiencia chea de risas, creatividade e surrealismo, grazas ao humor da peza Sursum Corda, escrita por José L. Prieto. Esta obra foi recoñecida co premio ao Mellor texto orixinal no Certame Xuventude 95.

O público está convidado a mergullarse neste marabilloso universo teatral, creado para emocionar e sorprender. Unha cita imperdible co talento local e coa maxia do teatro.

⚙ Configurar cookies
0.15266108512878