A escritoria María Reimóndez participar co Iescha nun triplo acto cultural

TerraChaXa
O mércores 15 de maio de 2024 a escritora lucense María Reimóndez estará de visita en Vilalba para levar a cabo unha xornada de encontros literarios organizada pola Biblioteca Agustín Fernández Paz do IES Basanta Silva, a Biblioteca Municipal, o Concello de Vilalba e o Instituto de Estudos Chairegos.
maria reimondez visita vilalba portada
12 Maio 2024

O mércores 15 de maio de 2024 a escritora lucense María Reimóndez estará de visita en Vilalba para levar a cabo unha xornada de encontros literarios organizada pola Biblioteca Agustín Fernández Paz do IES Basanta Silva, a Biblioteca Municipal, o Concello de Vilalba e o Instituto de Estudos Chairegos.

O programa arrancará ás 11:30 da mañá coa presentación dos libros Furia e Corredora na Biblioteca Agustín Fernández Paz do IES Basanta Silva. Ás 18:30 a escritora participará nunha conversa co Club de Lectura (con acceso ao público) arredor da súa novela A Dúbida. E para finalizar a xornada, no acto do Instituto de Estudos Chairegos, María Reimóndez presentará o seu último libro A Casa do Amo. Será ás 20:00 horas dese mércores, día 15 de maio de 2024, na casa da dultura de Vilalba, e contará tamén coa intervención de Luz Darriba, escritora, e de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

Con esta xornada de encontros literarios as entidades organizadoras pretenden render homenaxe á admirable carreira literaria de María Reimóndez e aproveitar para poñer en valor a súa figura.

0.15819907188416