A Esmuvi abre o prazo de inscrición para o novo curso

TerraChaXa
A Escola de Música de Vilalba (Esmuvi) vén de abrir o prazo de inscrición para o curso 2019-2020 para todos os grupos, todas as idades e todos os instrumentos.
60451554_426558878138673_7929414371866836992_o
26 Maio 2019

A Escola de Música de Vilalba (Esmuvi) vén de abrir o prazo de inscrición para o curso 2019-2020 para todos os grupos, todas as idades e todos os instrumentos.

A Esmuvi imparte clases de instrumento e linguaxe musical desde os 7 anos e tamén ofrece formación para adultos en diferentes instrumentos: trompeta, trompa, trombón, tuba, frauta traveseira, clarinete, saxofón, percusión, piano, guitarra (todos os tipos), canto, acordeón e batucada.

Para aqueles que non dispoñan del, a Esmuvi ofrece a posibilidade de prestar os instrumentos musicais.

A Esmuvi contará tamén con cursos de estimulación musical temperá, para pequenos de 12 a 36 meses en familia, iniciacion á música e As emocións a través da música, para pequenos a partir de 3 anos.

Os interesados en ter máis información ou formalizar os trámites poden facelo a través de mail no acescolamusicavilalba@gmail.com ou no teléfono 722611471.

0.10036897659302