A Esmuvi celebra o luns unha xornada de portas abertas
A Escola de Música de Vilalba, Esmuvi, celebrará o luns 26 de xuño unha xornada de portas abertas para mostrar a todos os interesados o funcionamento da escola. A visita pode realizarse entre as 17.30 e as 20.00 horas nas instalacións que ten a escola no Conservatorio de Música de Vilalba.
O interesados en recibir información poden facelo a través do mail aescolamusicavilalba@gmail.com.
MATRÍCULA
Ademais, a Escola de Música de Vilalba mantén aberto desde o 16 de xuño o prazo de inscrición para o curso 2023-2024 para todos os grupos, todas as idades e todos os instrumentos.
A Esmuvi imparte clases de instrumento e linguaxe musical desde os 7 anos e tamén ofrece formación para adultos en diferentes instrumentos: trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, frauta, clarinete, saxofón, percusión, piano, guitarra (todos os tipos), baixo e ukelele.
Así mesmo conta con música para bebçes en famlia e actividades como a minibanda e o minicoro.
Para aqueles que non dispoñan del, a Esmuvi ofrece a posibilidade de prestar os instrumentos musicais. Os interesados en ter máis información ou formalizar os trámites poden facelo a través de mail no acescolamusicavilalba@gmail.com ou no teléfono 722611471.