A Esmuvi de Vilalba organiza unha escola para o verán
A Escola de Música de Vilalba celebrará este ano unha escola de música de verán dirixida a rapaces de 4 a 14 anos.
A organización estableceu dúas quendas, a primeira do 29 de xullo ao 2 de agosto e a segunda do 5 ao 9 de agosto.
Na primeira quenda, haberá dous grupos. Os pequenos de 4 a 6 anos terán creatividade e diversión e o grupo de 7 a 14 anos comezarán con instrumentos, entre os que figuran frauta, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, percusión e guitarra.
Na segunda quenda haberá creatividade para rapaces de 4 a 12 anos.
O horario da escola de verán será de luns a venres de 9.30 a 14.00 horas e madrugadores dende as 8.45. A cuota a pagar será de 50 euros por pequeno.
A inscrición está aberta ata o 14 de xullo e non se require coñecementos musicais previos.
Os insteresados en inscribirse poderán facelo en acescolamusicavilalba@gmail.com ou no teléfono 722611471.