A Escola de Música de Vilalba (Esmuvi) vén de abrir o prazo de inscrición para o curso 2021-2022 para todos os grupos, todas as idades e todos os instrumentos.
A Esmuvi imparte clases de instrumento e linguaxe musical desde os 7 anos e tamén ofrece formación para adultos en diferentes instrumentos: trompeta, trompa, trombón, tuba, frauta traveseira, clarinete, saxofón, percusión, piano, guitarra (todos os tipos), canto, acordeón e batucada.
Para aqueles que non dispoñan del, a Esmuvi ofrece a posibilidade de prestar os instrumentos musicais.
A Esmuvi contará tamén con cursos de estimulación musical temperá, para pequenos de 12 a 36 meses en familia, iniciacion á música e As emocións a través da música, para pequenos a partir de 3 anos.
Este ano, ademais, as cotas para trombón e tuba son a metade de prezo e se sorterá unha cota gratis entre os inscritos.
Os interesados en ter máis información ou formalizar os trámites deberán facelo a través de mail no acescolamusicavilalba@gmail.com. Tamén poden solicitar información no teléfono 722611471.