A experiencia Energy Challenge chega a Vilalba
A praza da Constitución de Vilalba acollerá ata o venres, 13 de novembro, a Energy Challenge, unha experiencia itinerante para achegar aos máis novos, e ao público en xeral, coñecementos actualizados sobre a transición enerxética, a economía circular, a calidade do aire e as novas tecnoloxías enerxéticas.
Esta iniciativa divulgativa da Fundación Naturgy poderá visitarse en Vilalba e está prevista a visita de escolares e centros educativos polas tardes con horario de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
Desde a súa posta en marcha en decembro do ano pasado, no marco da COP 25 de Madrid, este recurso divulgativo ha recibido a máis de 6.000 visitantes.
Trátase dunha actividade que ten unha duración de 60 minutos
Energy Challenge expón unha viaxe espacial nunha aeronave futurista comandada por robots de última xeración. Os visitantes son convidados a formar parte dunha misión especial que debe resolver o reto da enerxía, como ingrediente imprescindible para o desenvolvemento da sociedade (en inglés, energy challenge).