A exposición 'Homes e Barcos' chega á Casa da Cultura de Vilalba

TerraChaXa
Con obxecto de fomentar e divulgar a cultura da defensa, a Subdelegación de Defensa en Lugo, en colaboración co Concello de Vilalba, presenta a exposición Homes e Barcos.
11 Nov 2019

Con obxecto de fomentar e divulgar a cultura da defensa, a Subdelegación de Defensa en Lugo, en colaboración co Concello de Vilalba, presenta a exposición Homes e Barcos. Fotografía da Mariña Española no Museo Naval (185-1935) na Casa da Cultura de Vilalba, entre os días 13 e 20 de novembro en horario de mañá e tarde, de 11.00 a 13.00 e de 17.30 a 21.00 horas.
O acto de inauguración terá lugar o día 12 de novembro ás 19.30 horas, coa asistencia prevista de autoridades civís e militares.
A continuación, ás 20.00 horas, presentarase a conferencia Homes e Barcos, que será impartida polo Capitán de Navío D. Bartolomé Cánovas Sánchez, Director do Museo Naval de Ferrol. A citada conferencia, que terá lugar no salón de conferencias da Casa da Cultura de Vilalba, será pública ata completar aforo.
A exposición organizouse en base a paneles fotográficos conservados no Museo Naval de Madrid.
Todo iso poño no seu coñecemento, por si fóra de interese a divulgación a través do seu medio de comunicación, así como a asistencia ao acto de inauguración para dar cobertura informativa do mesmo.

0.16115212440491