A exposición itinerante O Fin do Camiño estará en Mondoñedo

TerraChaXa | AMariñaXa
A exposición itinerante O Fin do Camiño estará en Mondoñedo na Casa Museo Álvaro Cunqueiro
8 Dec 2020

A exposición itinerante “O Fin do Camiño” estará a partir de hoxe en Mondoñedo na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será visitable de martes a domingo en horario de 10 a 14 e de 16 a 19 horas ata o día 15 de decembro

Continúa así a edición 2020 deste proxecto, que o ano pasado recorreu todos os concellos do Camiño Francés en Galicia, e que este ano seguirá percorrendo os concellos dos Camiños Primitivo, Norte, de Inverno e Vía Kunig, ao seu paso pola provincia de Lugo.

Os textos da exposición están redactados en galego, castelán e inglés para xeral comprensión, xa que está dirixida especialmente aos peregrinos, e así a súa programación inclúe numerosos puntos dos Camiños de Santiago, comezando polos fitos do Camiño Francés en Galicia. As fotografías son de dous importantes fotógrafos galegos Puga- que reflicten especiais visións dos Camiños a Compostela, arredándose das visións turísticas e centrándose nos aspectos humanos e monumentais, dos que destacan os detalles máis sobranceiros.

Máis información: www.ofindocamiño.org

 

 

0.17682409286499