A exposición 'Nostalxia' de J. de la Comba amplía a súa estadía en Fonmiñá

A Pastoriza seguirá acollendo un mes máis a exposición Nostalxia, unha mostra de fotografías e vídeos de J. de la Comba, que estará aberta ao público no Centro de Interpretación do Alto Miño, en Fonmiñá, agora ata o 31 de marzo.
A exposición invita a reflexionar sobre o impacto da desaparición de especies e a urxencia de protexer o noso medio natural. A través das imaxes, os visitantes poderán explorar o vínculo entre a memoria, a natureza e os retos ambientais que afrontamos como sociedade.
O horario para visitar a mostra será de martes a sábado, de 10:00 a 14:00 horas, ofrecendo unha oportunidade única para gozar da sensibilidade artística e da mensaxe ecolóxica de J. de la Comba.