A exposición 'O río que nos move' dará comezo en Meira o primero de abril

TerraChaXa
Trátase dunha exposición fotográfica na que se recolle a experiencia de 5 mozos que no ano 1985 crearon a súa propia canoa e descenderon os 317 quilómetros do río Miño
o-rio-que-nos-move-exposicion-meira
31 Mar 2026

Este mércores, día 1 de abril, terá lugar ás 19:00 horas no Espazo Cultural do Centro, en Meira, a presentación da exposición O Río que nos move. Será en canoa polos 317 quilómetros do Pai Miño.

Trátase dunha exposición fotográfica na que se recolle a experiencia de 5 mozos que no ano 1985 crearon a súa propia canoa e descenderon os 317 quilómetros do río Miño, dende o Pedregal ata A Guarda.

Ademais da súa explicación, haberá intervencións de outros convidados coma o profesor Rodríguez Lestegás, que foi colaborador de Río Barja durante o proceso de investigación e recoñecemento do Pedregal de Irimia como nacemento oficial do Río Miño.

Esta exposición permanecerá ata o 28 de abril no Centro.

0.13775491714478