A exposición sobre Carballo Calero chega a Mondoñedo

TerraChaXa | AMariñaXa
23 Dec 2020

A partir de hoxe día 23, ás 12:00 h, está na Casa-Museo de Cunqueiro a exposición Don Ricardo de Fingoi.

Hoxe tivo lugar a inauguración da mesma por parte de María Patricia Otero Doural, concelleira de Camiño Norte, Asociacionismo e Participación Cidadá do Concello de Mondoñedo, Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria eAbel Vigo García, arqueólogo do Concello de Mondoñedo.

Esta exposición está promovida por Egeria e conta co patrocinio da Xunta a través de Política Lingüística. Leva percorrido arredor dunha trintena de cidades e pobos dende que se creou.

Esta exposición reflicte os quince anos (1950-1965) de Carballo Calero en Lugo.

Mondoñedo é a última cidade onde se expón, pechando a celebración itinerante arredor de Don Ricardo de Fingoi.

A exposición é visitable de martes a domingo en horario de 10 a 14 e de 16 a 19 ata o día 30 de decembro de 2020 (días 24 e 25 de decembro pechado).

Requírese contacto previo para visitala en Oficina de Turismo de Mondoñedo por tema de control de aforo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16760802268982