A Faeira comeza as súas patronais cunha churrascada

A parroquia da Faeira, nas Pontes, celebra a fin de semana do 3 ao 5 de outubro as súas festas patronais comenzando ese mesmo venres cunha churrascada por 15 euros. Os interesados en apuntarse poden facelo antes do 1 de outubro nos teléfonos 637 952 986 ou 664 641 593.
O sábado a actividade dará comezo ás 13.00 horas cunha misa solemne seguida dunha sesión vermú a cargo do grupo Los Key. Esta mesma orquestra unirase á Cinema para a gran verbena.
O domingo 5 continuarán as celebracións con misa ás 13.00 horas cantada pola coral Airiños da Capela. A sesión vermú longa que virá a continuación, co dúo Marauyá porá o punto e final ás festas.
A organización lembra que haberá carpa, bocatería e inchables.