A Faeira comeza as súas patronais cunha churrascada
TerraChaXa
Galilea, Saudade e Venus poñerán a música á fin de semana
30 sep 2024
A parroquia de A Faeira, nas Pontes, celebra a fin de semana do 4 ao 6 de outubro as súas festas patronais comenzando ese mesmo venres cunha churrascada por 15 euros. Os interesados en apuntarse poden facelo antes do 2 de outubro.
O sábado a actividade dará comezo ás 13.00 horas cunha misa solemne seguida dunha sesión vermú a cargo do grupo Galilea. Esta mesma orquestra unirase á Saudade para a gran verbena.
O domingo 6 continuarán as celebracións con misa ás 13.00 horas cantada pola coral Airiños da Capela. A sesión vermú que virá a continuación, co dúo Venus porá o punto e final ás festas.
A organización lembra que haberá carpa, bocatería e inchables.