A Faeira organiza a súa ruta a cabalo o día 4

TerraChaXa
Despois varios ano volve a Ruta a Cabalo da Faeira o día 6 de maio, que este ano contará cun engadido, a primeira edición da Festa da Xuntude.
ruta a cabalo a faeira as pontes portada
27 Abr 2024

A Ruta a Cabalo da Faeira regresa este sábado, 4 de maio combinado cun xantar popular no campo da festa.

A xornada dará comezo ás 9.30 horas coa recepción de participantes e posterior saída da ruta deica as Fragas do Eume para facer un percorrido de 20 quilómetros, cun atallo para os que así o desexen. A ruta será o formato de sempre pero estará perfectamente marcada con frechas.

Ás 13.00 horas terá lugar a misa na honra á Virxe de Fátima, seguida da procesión e da actuación duns gaiteiros. A sesión vermú estará a cargo do dúo Caramelo.

Ás 15.00 horas dará comezo o xantar cun menú composto por polbo, carne asada, sobremesa, café e chupito a un prezo de 30 euros adultos e a metade para os menos de 6 a 12 anos. As persoas que desen anotarse poden facelo antes do 1 de maio no 664 461 593 e no 637 952 986.

Polo tarde haberá sorteos sorteo e unha sesión musical de novo con Caramelo, ata as 20.00 horas.

A asociación lembra que se pode ir ao xantar e á festa sen ter que facer a ruta a cabelo.

0.19489407539368