A familia de Xela Arias entregará os premios do Certame Terra Chá
TerraChaXa
Este sabado, ás sete da tarde, van entregarse os premios do XLII Certame Terra Chá das artes da infancia e mocidade, no Festival de Pardiñas.
26 Ago 2021
Este sabado, ás sete da tarde, van entregarse os premios do XLII Certame Terra Chá das artes da infancia e mocidade, correspondente ao Festival de Pardiñas, no que participaron máis de mil traballos das catro provincias, en video, cómic, regueifas, literatura, debuxo, etc.
Xermolos quere honrar a Xela Arias e a súa familia, partícipe en moitas das súas actividades mesmo dende a filosofía deste certame, no que se visualiza o compromiso das crianzas e as súas familias no cultivo das artes. Intervirán no acto, Amparo, a nai de Xela; o seu fillo Darío, e os seus irmáns...
Tamén o 8 de setembro, cabodano de Manuel María, Xermolos e a Irmandade Manuel María vai entregar á Xela e a súa familia a “Navalla do Manuel” en Outeiro de Rei.