A FCAM sorteará mil euros en Xove nunha campaña que durará ata o día 20
Dende o pasado 14 de outubro e ata o 20 desenvolverase en Xove a campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña. O sorteo de 1.000 euros en vales de compra será o día 21. Namentres, algúns afortunados de sorteos realizados noutros concellos, como no de Viveiro, seguen recollendo os seus cheques regalo.
Todas as persoas que realicen as súas compras do 14 ao 20 de outubro no comercio asociado á Aciam de Xove entrarán no devandito sorteo. Só teñen que estar atentas ás redes sociais e aos medios de comunicación para coñecer os números das papeletas premiadas. Haberá un premio de 500 euros e cinco de 100 euros cada un en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante os 30 días seguintes á celebración do sorteo en Xove.
En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo.
Os sorteos teñen lugar os luns na sede de cada Acia participante. A campaña 1.000 motivos para mercar na Mariña desenvólvese do 14 ao 20 de outubro e o sorteo realizarase o día 21 na Aciam; a Burela a campaña chegará do 21 ao 27 de outubro e o sorteo está previsto para o día 28 no CCA burelés; en Ribadeo a campaña será do 28 de outubro ao 3 de novembro e o sorteo farase o 4 en Acisa; en Covas esta campaña da FCAM terá lugar do 4 ao 10 de novembro e o sorteo será o 11 en Beiras de Viveiro; 1.000 motivos para mercar na Mariña será en Lourenzá do 11 ao 17 de novembro e o sorteo efectuarase o 18 na Acia laurentina. A campaña rematará do 18 ao 24 de novembro en O Vicedo, onde o sorteo será o 25 na Acia desta vila.
En setembro xa se celebraron os sorteos en Viveiro e en Foz. Os afortunados seguen recollendo os seus premios. Foi o caso de Rodrigo Yáñez Gómez, da cidade do Landro, que levou 500 euros en vales de compra. A papeleta co número premiado, o 35.911, foille entregada en Mesón O Recuncho.
A campaña 1.000 motivos para mercar na Mariña está organizada pola Federación de Comercio A Mariña e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.