A Federación de Persoas Xordas impartirá novos cursos para aprender linguaxe de signos

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Ademais da opción en liña, desde a federación ofrecen tamén a posibilidade de asistir a clases presenciais en calquera das sete cidades de Galicia
linguaxe-signos-viveiro
1 Sep 2024

Coa chegada de setembro e o período escolar, a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) iniciará nas próximas semanas varios cursos de Lingua de Signos Española para facilitar a súa aprendizaxe a calquera persoa interesada nela.

A FAXPG, que representa ás asociacións de persoas xordas en Galicia, é tamén a entidade que encabeza a formación na lingua natural deste colectivo desde hai 30 anos. Fano contando con profesorado xordo nativo, Especialistas en Lingua de Signos Española, que son quen imparte as clases e titorizan ao alumnado.

Nos últimos anos a modalidade en liña é a que acapara un maior número de matrículas pola flexibilidade horaria que ofrece, algo crucial para moitos alumnos que compatibilizan estas formacións con outras. Ademais da opción en liña, desde a federación ofrecen tamén a posibilidade de asistir a clases presenciais en calquera das sete cidades de Galicia e para as que ofrecen a posibilidade de elixir entre horarios de mañá ou de tarde.

Con todo iso, a cifra de persoas que pasaron polos cursos desta entidade durante os últimos 10 anos, ascende a 6.900 alumnos. Aínda que son cursos abertos aos que se pode inscribir calquera persoa e nos que de feito hai participantes de todas as idades, o perfil maioritario é o de mulleres –en torno ao 80% do alumnado- estudantes ou profesionais do ámbito social.

Desde o colectivo aplauden que a sociedade mostre cada vez unha maior sensibilidade e interese por coñecer a lingua de signos, e neste sentido, a difusión e maior presenza da Lingua de Signos Española en todos os ámbitos é un dos obxectivos polos que traballa a FAXPG para derrubar as barreiras de comunicación ás que aínda se enfrontan diariamente as persoas xordas.

Na súa páxina web, faxpg.es, pódese atopar a información detallada sobre estes cursos e realizar a matrícula en liña. Ademais, a federación conta cun teléfono, o 981 16 93 36 e unha dirección de email para dúbidas e consultas en relación aos seus curso

0.15747404098511