A Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Parga celebrarase este domingo
O Concello de Guitiriz e a Comunidade de Montes de Parga organiza este domingo, 18 de xullo, a XXVI Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Parga. A alcaldesa, Marisol Morandeira, e o presidente da asociación, José Manuel López Rodríguez, presentaron hoxe o programa desta celebración na Casa Habanera de Guitiriz.
As actividades comezarán cedo, ás 8:15 horas, coa chega dos 16 canteiros que participarán na elección de pedras para o XXIII Certame de cantería, e que terán o seu punto de partida ás 8.30 horas co lanzamento de bombas. O certame prolongarase ata as 14.00 horas e o xurado proclamará aos gañadores quince minutos máis tarde, que recibiran o premios ás 17.00 horas.
Premios
O concurso de canterías terá os seguintes premios: 700 euros para a persoa gañadora, 500 euros para o segundo posto e 200 euros para o terceiro posto.
Ademais, cada participante contará con 100 euros destinados a dietas e tamén estarán convidados a comer os callos na Carballeira.
Por outra banda, desde ás 10.00 ata as 19.00 horas estará aberta ao público a Mostra de Artesanía e ás 11.30 horas celebrase un pasacalles pola conta de “Os Trileiros”.
O toque gastronómico á xornada o darán os tradicionais callos, que se poderán degustar desde as 13.00 horas na Carballeira.
Morandeira destacou “a gran coordinación e sintonía entre Concello e Comunidade de Montes pola apostar en firme para volver a festexar esta feira. É un orgullo para Guitiriz poder acoller este ano o certame, tras o parón do ano pasado pola covid-19”.
Pola súa banda, o presidente da Comunidade de Montes de Parga afirmou que “respectarante todas as medidas covid e velarase pola seguridade de todos e todas, tanto dos canteiros participantes, como do público que acuda a visitar a festa”.