A Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Parga regresa este ano o 21 de xullo

TerraChaXa
A programación incluirá o Certame de Cantería, unha competición cabalar, ademais da Mostra de Artesanía
feira-canteria-callos-artesania-guitiriz1
Unha imaxe da feira do ano pasado
3 Xul 2024

A comisión organizadora da que será a XXIX edición da Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Parga anunciou a data de celebración, que será o 21 de xullo, domingo.

A programación incluirá o Certame de Cantería, unha competición cabalar, ademais da Mostra de Artesanía pero aínda haberá que esperar uns días para coñecer o contido completo do cartel, que todos os anos achega varias actividades.

Trátase dunha das festas máis populares e emblemáticas de Galicia na que todos os anos se organiza da man da Asociación de Veciños do Campo da Feira de Parga xunto ao Concello de Guitiriz.

Como sempre espérase que o certame de cantería volva reunir un importante número de canteiros, que o ano pasado foron de 14 e que optaron aos tres premios que se reparten todos os anos (de 500, 250 e 100 euros, respectivamente).

0.19332909584045