A Feira de Momán acolle o espectáculo 'Errabundo Pelele'

TerraChaXa
A actividade está recomendada para persoas de todas as idades
actuacion-xermade-errabundo
20 Sep 2025

Este domingo, ás 12:30 horas, a Feira de Momán, en Xermade, será escenario do espectáculo de animación Errabundo Pelele, unha proposta chea de humor e interacción co público.

O protagonista é Errabundo, un monicreque pallaso moi divertido que viaxa encerrado na súa maleta errante. No seu percorrido pola feira, este peculiar personaxe buscará xente e sorrisos, xogará cos asistentes e improvisará situacións cheas de humor e espontaneidade. Trátase dun espectáculo itinerante que anima o espazo coa súa capacidade para interactuar, rir e sorprender a quen se cruce no seu camiño.

A actividade está recomendada para persoas de todas as idades, de 0 a 99 anos, que teñan ganas de pasar un momento de diversión en familia.

Este evento forma parte do programa Dinamiz-ARTj, promovido polo Instituto para a Transición Xusta (ITJ) e a Fundación Cidade da Enerxía (CIUDEN), que leva a distintos concellos propostas culturais pensadas para dinamizar o territorio e achegar o teatro e a animación a todo tipo de públicos.

⚙ Configurar cookies
0.10482597351074