A feira de Parga modifica a normativa pola epidemia de lingua azul
O vindeiro domingo día 28 de maio celebrarase a segunda feira do mes de maio na Vila de Parga, na que habera novidades por mor da epidemia da lingua azul e do expedente aberto a raíz da entrada na feira de dúas reses de ovino de zonas prohibidas.
Así, dende agora o mercado de ovino e caprino será en horario de 8.00 a 12.00, quedando prohibida a entrada antes de esa hora ao gando.
Realizarase un control dos animais que entren ao recinto para garantizar que todos proceden de zonas libres de lingua azul e teñen a correspondente documentación sanitaria en regra. Este control extenderse á feira de porcino.
Ademais, lembran dende a organización da feira, as autoridades sanitario/veterinarias da Xunta de Galicia así o esixen e lembran que nos seus controis poderan estar acompañados de axentes dos corpos e forzas de seguridade como Garda Civil, Seprona, Policía Autonómica e Policía Local.
"E compromiso desta directiva e de todos e todas os comerciantes e compradores de gando (ovino, caprino e porcino) o estrito cumprimento das normas (como xa se fai dende fai meses cosas aves por mor da gripe aviar) a fin de poder manter a nosa feira aberta e que todos e todas poidan vender e mercar os produtos con total garantía contribuíndo a manter a nosa feira aberta e sendo exemplo do seu éxito e que medre", subliñan desde a directiva.