A Feira de Parga non se reanudará ata o 14 de xuño
TerraChaXa
A directiva da Asociación de Veciños do Campo da Feira de Parga avanzou que este domingo día 31, que tocaría feira na localidade, non se organizará xa que aínda están a traballar nos requerimentos necesarios para cumprir as normativas polo que esperan poder abrir o domingo 14 de xuño.
29 Maio 2020

A organización da feira quere "garantir unha volta á actividade segura e con todas as medidas, dada a envergadura dunha cita que pode chegar a contar con máis de 100 postos e media ducia de polbeiras".
A Feira na vila de Parga no Concello de Guitiriz celébrase dous domingos ao mes durante todo o ano; o primeiro é o que coincide entre os dias 9 e 15 (ambos inclusive) e o último, o derradeiro de mes.