A feira de Parga prohibe o comercio de aves pola gripe aviar por orde da Xunta

TerraChaXa
A directiva da Feira de Parga vén de comunicar que queda prohibida a concentración de aves debido ou brote de gripe aviar.
galinas gallinas
25 Xan 2022

A directiva da Feira de Parga vén de comunicar aos seus visitantes e usuarios que recibiron un aviso dos servizos veterinarios da Xunta no que se indica que queda prohibida a concentración de aves debido ou brote de gripe aviar, polo que na feira do día 30 non poderá haber mercado de galiñas e demais aves, precisan.

Advirten tamén que "o estricto cumprimento desta normativa ademais de estar vixiado por persoal dos servizos veterinarios tamen está vixiado e será sancionado polas respectivas forzas de seguridade competentes: Seprona, Policía Autonómica, Garda Civil, Policía Local, etc".

0.53765892982483