A feira de Parga recibe o permiso para volver comercializar aves

A Feira de Parga recibiu o permiso da Xunta para volver comercializar aves no recinto feiral a partir de hoxe, mércores.
Ofreceuse este ditame positivo "de acordo á evolución da situación epidemiolóxica da Influenza Aviar de Alta Patoxenicidade (IAAP) na Unión Europea durante as últimas semanas, así como á actualización semanal da análise de risco de introdución do virus de IAAP a través de aves migratorias no noso país", tal e como recolle o comunicado que recibiron.
Neste mesmo documento recoméndase o uso de aplicar medidas de bioseguridade durante a concentracións de aves.
Os organizadores da Feira de Parga recolleron máis de mil firmas para reclamar que se les permitise de novo a venda de aves no recinto, por estar fóra da zona de restrición e vixilancia.
Un mes atrás a Xunta de Galicia comunicou á organización da Feira de Parga "de xeito unilateral" que se cancelaba o acordo establecido coa feira no tocante a venda de aves no recinto feiral. Tras presentar intención de loitar contra esta decisión, unha das principais accións foi a recollida de sinaturas na pasada Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá para reclamar ao Servizo de Sanidade Animal da Xunta de Galicia que podan volver comercializarse estes animais e levantar as restricións nas feiras de Parga e Momán. Nunha primeira estimación xuntáronse 1.160 sinaturas.
Ademais, colocouse unha rede na zona de venda de aves para pechar este recinto e presentar esta medida como unha máis de control ante la Xunta para que lles devolvan os permisos.
Aseguran desde a asociación, que xa estaba cumprindo coas restricións desde xaneiro e que non é certo que exista un avance da gripe aviar.