A Feira de Santos de Gontán celébrase este sábado sen gando pola prohibición de Medio Rural

TerraChaXa
O Concello estuda a posibilidade de facer o concurso de gando que se suspende máis adiante, coa Feira do Grelo
feira-de-santos-abadin
29 Oct 2025

Un ano máis, o recinto feiral de Gontán, en Abadín, acollerá este sábado, 1 de novembro, a tradicional Feira de Santos, sen embargo, debido á prohibición de Medio Rural de suspender feiras e marcados, non haberá gando nesta ocasión.

Todos os anos se celebra un concurso de gando no que se premiarán as mellores reses equinas e bovinas e onde se repartirán varios premios. Distínguese o mellor exemplar bovino, equino, mellor cría bovina, mellor cría equina, maior número de cabezas de gando bovino e equino ou mellor exemplar equino de silla.

Debido á importancia que ten esta celebración, o Concello estuda a posibilidade de recuperar o concurso de gando máis adiante, facéndoo coincidir con outra gran celebración na vila, a Feira do Grelo, que será alá polo mes de febreiro.

Os que non faltarán serán os postos de comida, con polbo e churrasco, e os expositores de diversos feirantes e artesanía, así como maquinaria agrícola.

⚙ Configurar cookies
0.073261022567749