A Feira do Cabalo de Castro Ribeiras de Lea terá lugar este sábado

LugoXa | TerraChaXa
As carreiras de andadura comezarán ás 16.00 horas con catro categorías que terán catro gañadores en cada unha delas
feira-do-cabalo-castro
5 Sep 2025

A tradicional Feira do Cabalo de Castro de Ribeiras de Lea, en Castro de Rei, volve outro ano máis co obxectivo de xuntar os 400 animais doutras edicións.

A feira, que se celebrará no mercado gandeiro e a súa contorna será este sábado e a apertura do recinto para a entrada dos animais participantes está programada para ás 8.00 horas.

Haberá probas equinas de andadura estilo libre e a xornada incluirá postos de venda con artigos de equitación, artesanía e os típicos de feira. Tamén haberá postos de comida con polbo e churrasco, e actividades para nenos.

As carreiras de andadura comezarán ás 16.00 horas con catro categorías que terán catro gañadores en cada unha delas. Os premios irán desde so 120 euros, 100 e 70 euros ata un lote de penso. O horario para anotarse ás carreiras é de 11.00 a 13.00 no mesmo recinto feiral.

⚙ Configurar cookies
0.12955808639526