A Feira do Grelo das Pontes remata esgotando existencias

TerraChaXa
Como non podía ser doutro xeito, a Feira do Grelo das Pontes, que chegaba nesta ocasión á súa XLII edición, rematou cun éxito de venda.
feira do grelo as pontes 202312
20 Feb 2023

Como non podía ser doutro xeito, a Feira do Grelo das Pontes, que chegaba nesta ocasión á súa XLII edición, rematou cun éxito de venda e esgotando existencias ademais dun esperado éxito de público.

A carpa posta para tal efecto no patio do colexio Santa María acolleu un continuo ir e vir de persoas para facerse con este produto tan típico de Entroido e que trouxeron os 17 produtores que finalmente concurriron ao tradicional concurso de cestas.

O primeiro premio foi Daniel Romeu, das Pontes; o segundo, recaeu en María Laura Casal, de Xermade, e o terceiro, correspondeu a Anxo Morado, de Xestoso, que recibiron 400, 300 e 200 euros, respectivamente. José Miguel Díaz, María José Castro, Telmo Carballeira, María Azucena Belas e Mari Luz Vázquez foron galardoados cun accésit, polo que se lles concede 75 euros. Ademais, concedeuse o premio especial Alexandre Pérez Sindín pola cesta mellor adornada, dotado con 300 euros, a Rocío Carballeira.

Pero a feira contou cun programa variado de actividades, como unha degustación popular, na que se repartiron 400 racións de cocido, ou a presenza da filloeira de Lestedo, con capacidade para elaborar unhas mil unidades á hora. A música tamén tivo o seu protagonismo, con pasacalles e un concerto da Roda, a partir das seis da tarde, no Auditorio Cine Alovi.

0.0660240650177