A Feira do Indiano de Santaballa comeza este vernes cun concerto previo

TerraChaXa
As xornadas terán lugar este sábado, día da Feira, e o 28 de setembro
feira-do-indiano-santaballa
13 sep 2024

A Liga Santaballesa celebra un ano máis as Xornadas sobre Migracións Indianas, que acadan a súa XIV edición na contorna da escola habaneira da parroquia xunto á tradicional Feira Indiana.

O seu tradicional programa festivo arrancará este ano cun concerto a xornada anterior, o venres 13 ás 21.00 horas, a cargo do dj cubano Michel Valdés, nos xardíns da Liga.

O sábado arrancará o día ás 11.30 horas cun acto inaugural que se abrirá cunha mesa redonda sobre Simboloxía galega na emigración, á que seguirán pezas de música caribeña con Toxo Guayaba.

Haberá, tamén, o xantar, aberto a todo o público con reserva antes do día 12 de setembro no teléfono 652 790 220. O menú consistirá en empanada de bacallao e bonito, callos, xarrete de tenreira e costela asada con guarnición, sobremesa, bebidas, café e licores, todo a un prezo de 25 euros, cos nenos de 7 a 12 anos a 12 euros e os menores de 7, en balde.

Ao longo de todo o día, haberá xogos populares e diversas exposicións e postos de venda, con especial presenza de artesáns que tamén ofrecerán mostras en vivo do seu traballo.

Tamén farase a conmemoración da estrea do himno galego na Habana (1907) coa actuación da banda de música de Vilalba, con ofrenda floral á emigración e desfile de damas.

A animación musical da tarde tamén contará con Michel Valdés e Toxo Guayaba que se encargará de dirixir a foliada.

Ademais, o día 28 de setembro, continuarán as xornadas falando de A historia menos visible da emigración, o fracaso.

0.13332605361938