A Feira do Monte recupera en maio as súas festas patronais
TerraChaXa
A Feira do Monte recuperará este mes de maio as súas festas patronais tralo parón da pandemia, convocadas para a fin de semana do 6 ao 8.

23 Apr 2022
A Feira do Monte recuperará este mes de maio as súas festas patronais tralo parón da pandemia. Así, a comisión organizadora convocou as celebracións para a fin de semana do 6 ao 8 de maio.
Aínda que non está todo rematado, xa deron un pequeno avance do programa, no que o apartado musical volve a cobrar protagonismo. Polo tanto, estarán presentes as orquestras Olympus, Cinema e Alabama Show, ademais dos grupos Asubíos da Charia e Mar d'Arousa.
O domingo tamén haberá pasarrúas a cargo do grupo de gaitas local Asubíos da Chaira e a misa maior estará cantada polo Coro Municipal Virxe do Monte.
Ao longo dos próximos días a comisión dará a coñecer o programa completo, mentres pide a colaboración veciñal para sacar adiante esta celebración.