A Feira do Monte vivirá esta fin de semana as súas patronais

TerraChaXa
Feira do Monte celebra esta fin de semana as festas na honra á Virxe do Monte, que arracarán cun pasabares e unha verbena o venres.
feira do monte cospeito
2 Maio 2023

A localidade da Feira do Monte celebra esta fin de semana as festas das Cruces e na honra á Virxe do Monte. Estas darán comezo o venres coa actuación polos bares da charanga 555. Xa esa mesma noite terá lugar a verbena, na que actuarán a orquestra Tanamá e o grupo Beatriz.

O sábado continuarán os festexos, que abrirán ás 13.30 horas co oficio relixioso e a procesión. Tamén haberá, como era de esperar, sesión vermú, que estará ao cargo do dúo La Hora Bruja.

Á noite dúas grandes orquestras amenizarán a xornada con Saudade e Cinema.

O domingo, último día de celebracións, haberá pasarrúas a cargo do grupo de gaitas local Asubíos da Chaira. A misa, prevista para as 13.30 horas, estará cantada pola Coral Polifónica Virxe do Monte, e as festas chegarán ao seu final coa sesión vermú, que estará amenizada polo grupo Alba.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa debido ás inclemencias do tempo.

festas feira do monte cospeito
0.099133968353271