A Feira do Queixo de Vilalba contará tamén con baile no centro Cultural

Presentaron unha nova cita cos bailes mensuais de primeiros de mes, que o Concello celebrará este domingo, 6 de abril, coincidindo coa Feira do Queixo, no Centro Cultural.
“Cremos que este tipo de eventos son fundamentais para dinamizar o noso municipio e para brindarlle ás persoas máis maiores unha oportunidade de socializar, pasar unha tarde divertida e manterse activos”, explicou a rexedora vilalbesa, Marta Rouco.
Neta ocasión, o baile estará amenizado polo dúo La Hora Bruja e se desenvolverá tamén desde as 17:00 horas ata as 20:00. Ademais, haberá un novo sorteo gratuíto, e nesta ocasión 6 queixos San Simón.
O obxectivo é que estas citas teñan un carácter mensual "e nas que intentaremos contar con diferentes agrupacións musicais para animar aos asistentes”, sinalou Rouco, ao tempo que aproveitou para “animar a todos os veciños e veciñas, de todas as idades, a que se acheguen ao Centro Cultural para gozar dunha xornada de música, baile e, se non se animan a bailar, xogos de mesa e conversas cos veciños e veciñas”.