A Festa da Árbore de Mondoñedo terá lugar o sábado 21 de marzo
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
11 Mar 2020
A Festa da Árbore de Mondoñedo organizada pola Asociación Pasatempo terá lugar o sábado 21 de marzo.
O programa dará comezo ás 16.30 horas coa plantación da árbore e o recitado de poemas.
Máis tarde será a entrega de premio do IX Concurso de Árbore na Casa da Cultura, e acto seguido haberá un espectáculo de maxia infantil a cargo do mago Kiko Carrolo.
Ás 18.30 horas será a merenda e a proxección dunha película infantil.
Tamén haberá unha exposición na Casa da Cultura dos debuxos participantes no IX Concurso de Árbore, que nesta ocasión gañaron Valle Rego Yanes e Naia Fernández Cabana.