A Festa da Bola de Liscos e as Freces de Bretoña celebrase o domingo 29 cunha ampla programación

TerraChaXa
As actividades comezarán o sábado 28 cun servizo de cea na Pulpería Suso, que requirirá reserva previa, seguido dunha verbena que estará amenizada polo Trío Manhattan
festa-bola-de-liscos-freces-bretona4
20 Mar 2026

A Asociación de Amigos da Feira de Bretoña anunciou que a XV edición da Festa da Bola de Liscos e das Freces de Bretoña terá lugar o domingo 29 de marzo, no concello de Pastoriza. Como novidade, este ano a asociación decidiu adiantar a celebración, que normalmente tiña lugar na segunda quincena de maio.

Trátase dunha celebración que busca ser declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e que organiza a Asociación de Amigos da Feira de Bretoña. A comisión adiantou que o sábado 28 haberá polbo e festa verbena co trío Manhattan.

As actividades comezarán o sábado 28 cun servizo de cea na Pulpería Suso, que requirirá reserva previa, seguido dunha verbena que estará amenizada polo Trío Manhattan, encargado de poñer a música a unha noite festiva.

Xa o domingo 29 concentrarase a maior parte da programación. A xornada arrancará ás 11:00 horas coa apertura oficial da feira, na que haberá postos de artesanía e feirantes, así como pasarrúas a cargo da Escola de Música de Pastoriza. Ao mediodía, ás 12:30 horas, terá lugar a actuación da propia Escola de Música e Baile de Pastoriza, ofrecendo unha mostra do seu traballo artístico.

A inauguración oficial e o pregón celebraranse ás 13:00 horas, acto que correrá a cargo dos fundadores da Asociación Amigos da Feira de Bretoña, entidade clave na posta en valor deste evento.

A continuación, ás 13:30 horas, os asistentes poderán gozar dun vermú e comida amenizados polo Trío Manhattan, ademais do servizo de pulpería. Durante este tempo tamén haberá espazo para a degustación de produtos tradicionais como a bola e as freces.

Pola tarde, a programación continuará ás 16:30 horas cun aberto torneo de billarda no campo da festa, no que poderá participar o público asistente. Máis tarde, ás 17:15 horas, a carpa da feira acollerá a actuación dun gran mago, pensada especialmente para o entretemento de toda a familia.

Nas edicións anteriores repartíronse unhas 200 bolas de liscos e de 800 racións de freces entre os asistentes a este evento.

A bola de liscos é un prato da zona elaborado con masa de pan, panceta afumada, chourizo e berzas, o que se coñece como cociña con produtos de subsistencia pero cun resultado espectacular. Para os que non coñezan este produto, ten moito parecido cunha empanada gorda pero moi xugosa e saborosa. Esto é debido aos liscos do seu interior e o sabor é pola cobertura de berza coa que se mete ao forno.

0.12814593315125