A Festa da Empanada regresa esta fin de semana ao Club Fluvial de Begonte

Este sábado, día 12 de xullo, terá lugar a Festa da Empanada no Club Fluvial de Begonte, que se prolongará ata o domingo 13.
Esta festa é unha tradición en Begonte e se celebra durante dous días nos que a empanada será o prato oficial e as familias ocupan o club fluvial para desfrutar da música.
O sábado esta prevista unha sesión vermú a cargo do grupo Stylo, que amenizará tamén a verbena da noite xunto ao grupo Rubí.
O domingo será Carta de Ajuste o prato forte da programación, que actuará na sesión vermú. Tamén, o mago Rafa será o protagonista do peche das festas,
Non faltarán os xogos para nenos e outras instalacións para desfrutar da xornada.