A Festa da Empanada regresa esta fin de semana ao Club Fluvial de Begonte
TerraChaXa
O domingo será Louband o prato forte da programación, que actuará en sesión vermú de peche de festa
11 Xul 2024
Este sábado, día 13 de xullo, terá lugar a Festa da Empanada no Club Fluvial de Begonte, que se prolongará ata o domingo 14.
Esta festa é unha tradición en Begonte e se celebra durante dous días nos que a empanada será o prato oficial e as familias ocupan o club fluvial para desfrutar da música.
O sábado esta prevista unha sesión vermú e unha verbena co grupo Rubí, que, pola noite, contará coa compaña de DJ Ello.
O domingo será Louband o prato forte da programación, que actuará en sesión vermú de peche de festa.
Non faltarán os xogos para nenos e outras instalacións para desfrutar da xornada.