A Festa da Faba de Lourenzá contará cun stand lila para combater a violencia machista

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Lourenzá instalará un stand lila na XXIX edición da Festa da Faba, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro, para sensibilizar á cidadanía sobre as violencias machistas.
70914895_112135680177136_1860952489759604736_o
23 sep 2019

O Concello de Lourenzá instalará un stand lila na XXIX edición da Festa da Faba, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro, para sensibilizar á cidadanía sobre as violencias machistas. Esta iniciativa foi presentada pola alcaldesa, Rocío López, e a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra.

A rexedora municipal explicou que “o obxectivo é informar, divulgar e sensibilizar a cidadanía sobre as violencias machistas. O punto de información estará situado na praza do Conde Santo en horario de 11.00 a 15.00 horas, onde a técnico social e a educadora familiar do Concello informarán sobre distintas cuestións relacionadas coa violencia de xénero. Así mesmo repartirase entre todos os asistentes material informativo para concienciar sobre a importancia de loitar e acabar con esta lacra machista”.

Rocío López anunciou tamén que “desde este venres e ó longo de toda a semana o Concello de Lourenzá tinguirase de violeta en repulsa aos asasinatos machistas, ás manadas e ás agresións sexuais”.

0.14740896224976